Nace #follow20, o festival do Novo Deseño Galego

A Coruña acolle do 9 ao 13 de novembro o mellor do tecido profesional galego en materia de deseño cun programa online e presencial.

O festival ten un compromiso 100% Carbon Neutral, alimentará a instalación física cun xerador solar e compensará calquera pegada medioambiental.

#follow20 é unha edición 0 que dará paso en xuño de 2021 á primeira Galicia Design Week, semana do deseño dentro do circuíto de citas internacionais de Barcelona, Londres, Nova York ou México.

A Coruña, 6 de novembro do 2020

O vindeiro luns 9 de novembro arrinca na Coruña o festival de deseño galego #follow20, un novo proxecto que aúna o máis destacado do tecido profesional galego nesta materia. Será unha semana de eventos online e presenciais que buscan favorecer a conexión co exterior e o achegamento ao gran público. Até o venres 13 de novembro o festival acollerá de xeito online a través da súa web unha completa programación artellada en catro seccións, cuxos contidos permanecerán unha vez terminado:

Stories, con microdocumentais de deseñadoras e deseñadores galegos; Conversas, con charlas temáticas entre creativas e creativos galegos; Showroom, un escaparate dixital de creacións e espazos de deseño galegos; e Creative Camp, sección a través da que se fará unha revisión dixital de portfolios dirixida a estudantes e novos profesionais.

Entre os convidados e convidadas das Stories desta edición atópanse a directora de arte Lucía García Rey; a marca de moda infantil The Campamento; a ceramista Verónica Moar; a axencia de branding Costa; a axencia tipográfica NM Type; o deseñador gráfico de orixe italiana Marco Oggian e o seu colectivo Flaco; o estudio de deseño DARDO e a súa Fundación DIDAC; o deseñador de iluminación Arturo Álvarez; e o estudio de arquitectura Castroferro.

A sección Conversas, dedicadas á industria, á estratexia e á comunicación do deseño, contará con Dani Bembibre, director de Costa; o deseñador de mobiliario Isaac Piñeiro; Lola Dopico, directora da escola de moda ESDEMGA; a deseñadora de servizos Coca Rivas; Nuria Carballo, directora da axencia creativa Unconventional; a arquitecta Patricia Muñiz, socia do estudio MMASA; o infografista Artur Galocha; o tipógrafo Marcos Dopico; e a deseñadora gráfica Uqui Permui.

Exposición do panorama galego e creacións en vivo

O festival #follow20 acollerá tamén unha serie de eventos presenciais paralelos (Showcase). O programa dixital compleméntase coa exposición física #novodeseñogalego na Praza de Lugo da Coruña, onde veranse traballos das Yarza Twins, deseñadoras viguesas afincadas en Londres e reciente Premio Nacional de Diseño, o tamén de NM Type, premiada nos European Design Awards. E estará acompañada dunha carpa pola que pasarán diferentes deseñadoras e deseñadores para crear obras en vivo.

Trátase dunha edición 0 porque este estraño ano serve de lanzamento dun ambicioso proxecto, que terá continuidade o próximo xuño coa primeira edición da Galicia Design Week dentro de #follow21, unha semana dedicada ao deseño en Galicia dentro do circuíto de citas internacionais celebradas en lugares como Barcelona, Londres, Nova York ou México.

A greener festival: compromiso coa sustentabilidade

#follow20 é totalmente neutro en carbono, un compromiso ineludible coa sustentabilidade. A organización do evento calculará a súa pegada de carbono ao final do festival e para compensala mediante achegas económicas a proxectos galegos sostibles. Precisamente para mitigar esa pegada, a carpa física estará alimentada por un xerador solar; os carteis que xa se ven pola cidade están feitos de papel reciclado, os flyers dun papel fabricado con refugallos de algodón e sementes de tomate, que permite plantalos durante a primavera; e tanto a propia carpa como os módulos expositivos serán reutilizados en sucesivas edicións do festival. Todo iso co asesoramento da prestixiosa ONG británica A Greener Festival.

Un prestixioso consello asesor

#follow20 conta cun consello asesor formado por catro profesionais galegos de referencia: David Barro, codirector do estudo de deseño DARDO e director da Fundación DIDAC; Nuria Carballo, directora da axencia creativa Unconventional; Dani Bembibre, director da axencia de branding Costa; e Lola Dopico, directora da escola de moda ESDEMGA.

A promotora do festival é a axencia visual e creativa coruñesa Follow e conta co patrocinio da Xunta de Galicia a través do programa O teu Xacobeo do Xacobeo 2021 e coa colaboración da área de Innovación, Emprego e Comercio do Concello da Coruña, da súa axencia irmá de branding e estratexia Urbanlab, do colectivo Flaco, da madeireira Finsa, da empresa de tecnoloxía visual Sinala e da imprenta Verde.

Marga Toxo
629 860 437
marga@nocomun.com

Andrea Villa
667683551
andrea@nocomun.com

Alex Rico
Director de #follow20, Follow y Urbanlab
645 888 210
alex@follow.gal

#follow20.jpg

Logo

B jpg png eps
N jpg png eps

Motion

mp4 (Vimeo)

 

Posters
35x50

A jpg pdf
B jpg pdf
C jpg pdf
D jpg pdf
E jpg pdf
F jpg pdf

Posters
A3

A jpg pdf
B jpg pdf
C jpg pdf
D jpg pdf
E jpg pdf
F jpg pdf

 

Flyer
anverso

A jpg pdf
B jpg pdf
C jpg pdf
D jpg pdf
E jpg pdf

Flyer
reverso

jpg pdf

 

Slides

A jpg pdf
B jpg pdf
C jpg pdf
D jpg pdf
E jpg pdf
F jpg pdf

 

Instagram

2020.10.22 jpg
2020.10.23 jpg
2020.10.24 jpg
2020.10.25 jpg
2020.10.26 jpg
2020.10.27 jpg
2020.10.28 jpg
2020.10.29 jpg
2020.10.30 jpg

2020.10.31 gif
2020.11.01 jpg
2020.11.02 jpg
2020.11.03 gif
2020.11.04 gif
2020.11.05 gif
2020.11.06 jpg
2020.11.07 jpg
2020.11.08 mp4

 

Stories

Lucía García Rey, The Campamento & Verónica Moar Vimeo
Costa & NM Type Vimeo
Marco Oggian & Flaco Vimeo
DARDO & Fundación DIDAC Vimeo
Castroferro & Arturo Álvarez Vimeo

Conversas

Deseño & Estratexia Vimeo
Deseño & Comunicación Vimeo
Deseño & Industria Vimeo

Showcase